A Garda Civil de Moaña en colaboración coa Policía Local detén o pasado venres día 21 a un veciño ao que lle constan unha orde europea e unha orde internacional de detención contra o detido, pola presunta comisión de delitos de estafa, falsidade en documento mercantil e denuncia falsa.
A Policía Local da mesma localidade detéctao subindo a un autobús, pasando aviso inmediato ao Posto de Moaña. Posteriormente axentes da Garda Civil paran o autobús, e proceden á súa detención.
Trátase dun home de 60 anos, natural de Moaña, que levaba meses en procura e captura, ordenando a autoridade xudicial o seu ingreso en prisión ao dispor do Xulgado Central de Instrución número 5 de Madrid.

