Anuncios
Ticker de novas

Antonio Piñero fala sobre os Manuscritos do Mar Morto, Gnosis e o Cristianismo Primitivo en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Capitanía Marítima de Baiona acolle este xoves 3 de agosto ás 20:30 horas a quinta charla do VII Ciclo de Conferencias organizado polo Concello de Baiona. Neste caso o relator será Antonio Piñero, catedrático emérito de Filoloxía Grega da Complutense, que falará sobre os “Manuscritos do Mar Muerto, Gnosis e Cristianismo Primitivo”.

O VII Ciclo de Conferencias, enmarcadas na programación do Baiverán 2017, reúne a nove catedráticos e profesores de catro universidades españolas na Capitanía Marítima (Rúa Elduayen, 20). Todas as charlas se celebrarán os xoves de xullo e agosto no mesmo escenario e á mesma hora (20:30 horas) con entrada libre e gratuíta.

O 10 de agosto será a quenda de José María Peláez del Valle, escritor e profesor titular da Universidade de Vigo, para impartir a charla “Unha personaxe de novela do século XIX: el Marqués de Salamanca”; o xoves 17 abordarase o tema “A reforma da Constitución” da man do profesor Francisco Bastida, catedrático de Dereito Constitucional na Universidade de Oviedo; o día 24 estará na Capitanía o musicólogo Manuel López-Benito para falar de “¿Por que a sinfonía Heroica de Beethoven cambiou o mundo sinfónico? Audición e análise”, e o día 31 pecharase o ciclo coa conferencia de Fernando Bartolomé Benito, catedrático de Literatura Española, con “O ano do Conde Diego Sarmiento, Conde de Gondomar no seu IV Centenario (1617-2017)”.

Anuncios