O Concello de Nigrán, dentro da súa política medioambiental, repartirá novamente e de xeito gratuíto entre a veciñanza vinte composteiros individuais que serán asignados por rigoroso orde de inscrición. O único requisito para obtelo é estar empadroado en Nigrán, contar con finca ou xardín, e apuntarse no programa de compostaxe doméstica do Concello. Os interesados deben acudir ao departamento de Medio Ambiente (edificio antigo, primeiro andar). Unha vez completas as 20 solicitudes os beneficiarios recibirán un mini curso de compostaxe onde se lles explicará como facelo correctamente e se resolverán dúbidas.
Nigrán entregará gratis vinte novos composteiros entre os veciños que o soliciten

