Concerto de Son D’Cuatro Trío na Praza do Concello de Baiona

FOTO: SON D'CUATRO TRÍO

Este domingo 30 de xullo o grupo de cordas e voces Son D’Cuatro Trío ofrece un concerto na Praza do Concello de Baiona a partir das 23:00 horas, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellaría de Cultura.

O trío, composto por Pablo Alonso (Primeira voz), Esteban Alonso (Segunda voz, Guitarra) e Miguel A. Cedeira (Terceira voz, Guitarra, Bandurra), realiza versións de clásicos do Bolero, Habaneira, Rancheira, Valse Peruano, etc.