Anuncios
Ticker de novas

Finalizan os traballos de mellora do camiño de Carrasquedo de Abaixo en Vilaza

Finalizadas en Gondomar as obras de mellora no camiño de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza. O alcalde, Paco Ferreira, xunto co concelleiro de Vías e Obras, Jose Manuel Chamorro, visitaron o viario para comprobar o resultado dos traballos, que consistiron na mellora da pavimentación, drenaxe e seguridade viaria. O custo das obras ascendeu a 177.940,49 €, financiados integramente pola Deputación de Pontevedra a través da liña 1, a dedicada a investimentos, do Plan Concellos.

Anuncios