Teatro musical para toda a familia en Gondomar con “Os tres porquiños”

Educa Teatro Producións presenta este domingo 23 de xullo Gondomar “Os tres porquiños”, unha obra musical con bonecos a tamaño real, que comezará ás 22:00 horas no Parque da Coelleira dentro do programa Cultura de Verán 2017 organizado pola Concellería de Cultura.

Sinopse

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

Anuncios