Anuncios
Ticker de novas

O Café Bar Estanco recibe o premio á mellor empanada

FOTO: OVALMI // Foto de familia dos premiados.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios do Val Miñor (OVALMI) entregou este xoves en Gondomar os premios da 5ª edición da Festa da Empanada, que se celebrou desde o venres 12 ata o mércores 17 de maio cunha gran acollida entre veciños e foráneos.

17 establecementos hostaleiros repartiron durante os 6 días de celebración do evento centos de racións de multitude de variedades de empanada: carne, xoubas, choco, bacallau, entre outras.

Nesta edición, volveuse elixir a mellor empanada, sendo os gañadores:

1º PREMIO MELLOR EMPANADA 2017
CAFÉ BAR ESTANCO

2º PREMIO MELLOR EMPANADA 2017
RESTAURANTE LA VITROLA

3º PREMIO MELLOR EMPANADA 2017
TAPERÍA A GALIÑA DO ARDORA
LA ESQUINA DEL GOURMET

Anuncios