Festas da Virxe do Carme en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Confraría de Pescadores “La Anunciada” de Baiona, coa colaboración do Concello e a Deputación de Pontevedra, organiza este fin de semana as festas na honra da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.

O venres 14 de xullo ás 10:30 horas o grupo de gaitas O Balcón do Val Miñor ofrecerá un pasarrúas. Pola noite, a orquestra Marimba e o grupo Nebraska amenizarán a verbena.

O sábado 15 ás 11:00 horas, pasarrúas pola charanga Vai de Baile acompañada polos xigantes e cabezudos. A orquestra Costa Blanca e o grupo Cosmos serán os encargados da amenizar a verbena nocturna. Ás 00:00 horas, terá lugar a gran tirada de lumes de lucería.

O domingo 16 ás 12:00 horas a Banda de Música de Baiona ofrecerá un pasarrúas e a continuación un concerto na Palma. Ás 20:00 horas celebrarase a Misa Solemne na Ex Colexiata de Santa María cantada polo Coro de Homes “Voces Baionesas”, e ao finalizar realizarase a homenaxe ao mariñeiro e á mariscadora de máis idade. A continuación, sairá a procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona e antes de recollerse, bailarase a Danza das Espadas en Santa Liberata. Pola noite, a orquestra Anaconda de Asturias amenizará a verbena.

O luns 17 a orquestra Saudade será a protagonista da verbena fin de festa.