Obradoiro de cociña saudable no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomunitario de Baiona ofrece un novo curso subvencionado pola Consellería de Política Social. Trátase dun obradoiro de cociña saudable que se celebrará os días 13, 15 e 20 de decembro en horario de 18:30 a 20:30 horas e que impartirá o nutricionista Adrián Martíns. A actividade ten unha cota de inscrición de 10 euros. As prazas son limitadas e os interesados poderán anotarse desde este luns, ben por teléfono no 886110123 ou ben presencialmente, en horario de 15:00 a 20:00 horas.