Prorrógase durante un ano a validez dos DNI que caduquen a partir da declaración do estado de alarma

O Goberno acordou prorrogar durante un ano a validez dos Documentos Nacionais de Identidade que caduquen desde a entrada en vigor do estado de alarma o pasado sábado 14 de marzo.

Esta medida vén recollida na Real Decreto-Lei de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, aprobado en Consello de Ministros.

“Queda prorrogada por un ano, ata o día trece de marzo de dous mil vinte e un, a validez do documento nacional de identidade das persoas maiores de idade titulares dun documento que caduque desde a data de entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”, sinala o texto legal.

Tamén se indica que “a prórroga da validez do documento nacional de identidade permitirá que poidan renovarse, conforme ao procedemento actual, os certificados recoñecidos incorporados ao mesmo por igual período”.