Anuncios
Ticker de novas

Seis días de festa en Gondomar na honra de San Cristovo, San Bieito e San Antonio

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Gondomar inicia este venres as súas festas patronais na honra de San Bieito cun Certame de Bandas no que participarán a Banda Lira San Miguel de Oia, a Banda Xuvenil de Barro e a Agrupación Musical de Vincios.

A orquestra Fama e a actuación de Compota Ricura amenizarán a verbena do sábado 8, e Los Sumpremos a do domingo 9.

O luns 10, na honra de San Cristovo, comezará cun pasarrúas ás 10:00 da mañá a cargo da charanga Vai de Baile. Ás 12:00 arrancará a caravana automobilística con saída desde Vincios (ao lado da gasoliñeira), e ás 12:30 horas celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompaña pola mesma charanga. A continuación terá lugar a Bendición dos Coches e pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Solara.

O martes 11, na honra de San Bieito, ás 11:00 da mañá a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá una pasarrúas, e ás 13:00 horas, un concerto. Neste día haberá Misas de mañá cada hora desde as 7:00 ata as 13:00 horas, sendo a Solemne ás 12:00 horas, con posterior procesión. Pola tarde, as Misas serán cada hora desde as 17:30 ata as 21:30 horas. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Trovadores.

O mércores 12, na honra de San Antonio, celebraranse as Poxas ás 18:00 horas, a cargo de Carlos Riveiro, coñecido como Carlos de Gondomar. Ás 20:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión e a Festa da Gratitude e ofrenda de flores á Virxe do Carme. A verbena correrá a cargo da orquestra Saudade.

O 16 de xullo ás 20:30 horas terá lugar a Misa Solemne e procesión da Virxe do Carme.

Anuncios