Os adestradores Manu Cossio e Martín López visitarán o campus de futsal de Baiona

Manu Cossio, adestrador do Leis Pontevedra, e Martín López, adestrador do Palma Futsal, visitarán o campus de futsal de Baiona.

O campus desenvólvese nas instalacións municipais de Baiona do 17 ao 21 de xullo. Ademais de moitas actividades programadas e visitas de xogadores os asistentes poderán gozar da presenza destes dous adestradores de alto nivel formativo que ademais contan cunha ampla experiencia.

Manu Cossio cumpre este ano a sexta tempada no primeiro equipo do Leis Pontevedra, único equipo da provincia en segunda B, ademais Cossio é o director de contidos da Escola do Leis e adestrador do xuvenil nacional.

Martín López é desde hai anos adestrador do Palma de primeira división, os últimos anos compatibiliza o posto de segundo adestrador de primeira división co de formador de base e preparador de porteiros. Recentemente Martín desprazouse a Costa Rica para ofrecer unhas xornadas de formación a técnicos locais.

Máis información sobre os campus deportivos no Pavillón de Baiona.