Anuncios
Ticker de novas

O IEM propón para este verán 13 xeiras polo Val Miñor e a súa contorna

FOTO: IEM // Xeira "Noite de estrelas e lobos".

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este verán 13 xeiras, guiadas e dirixidas por especialistas no tema da visita, de interese histórico, artístico, natural e paisaxístico que se realizarán nos concellos do Val Miñor e a súa contorna: Gondomar, Nigrán, Baiona e Tomiño. A duración media das xeiras é de 3:00 a 3:30 horas, agás na xeira en barco por Panxón que será de 2:30 horas aproximadamente.

A primeira, por Vincios

O IEM inicia as xeiras deste verán o vindeiro xoves 6 de xullo, coa primeira “Vincios: Antiga parroquia de señorío”. O punto de encontro será no local do IEM (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), ás 18:00 horas e o inicio da mesma na Capela de Santa Lucía. O especialista nesta xeira será Antonio Soliño Troncoso.

AS XEIRAS DO IEM VERÁN 2017

Anuncios