Anuncios
Ticker de novas

Colexio Apóstol Santiago, Montecastelo e Escolas Proval fanse coa II Regata Solar Marine Instruments

FOTO: PEPE COSTAS // Foto de familia dos gañadores da II Regata Solar Marine Instruments.

A Eficiencia e o Deseño foron a base sobre as que se recoñeceron aos premiados na II Regata Solar Marine Instruments, con 20 proxectos presentados entre 9 centros escolares de ESO/BAC e Ciclos de Grao Medio e Superior de Formación Profesional.

O colexio máis destacado nesta nova edición de 2017 foi o Apóstol Santiago de Vigo, que obtivo unha dobre distinción, premiando cada un dos dous obxectivos na súa categoría de Educación Secundaria e Bacharelato.

Respecto dos Ciclos de Formación Profesional, as Escolas Proval de Nigrán en Deseño e o colexio Montecastelo de Vigo en Eficiencia, foron os vencedores desta segunda convocatoria.

A II Regata Solar Marine Instruments, que contou coa colaboración do Concello de Baiona e o Monte Real Club de Yates de Bayona, fomenta o desenvolvemento da innovación tecnolóxica entre os estudantes, así como promover o espírito da creatividade.

Coa celebración de diferentes regatas no espigón da Doca de Baiona, entre o Monte Real e a Torre da Tenaza, puntuábase a Manobra, a Velocidade e a Resistencia de embarcacións deseñadas polos alumnos, baixo a tutela dos seus respectivos profesores, alimentadas por placas solares e navegadas baixo radiocontrol, onde os centros que tomaron parte foron o Daniel Castelao, Apóstol Santiago, Montecastelo, Colegio Hogar, Escolas Proval de Nigrán, Los Sauces, Barreiro, Maristas Ourense e O Castro.

A entrega de premios celebrouse nas instalacións do Monte Real, coa presenza do Alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o director de I+D de Marine Instruments, Francisco Pino; e o Director Xeral da empresa de investigación mariña, Gabriel Gómez.

Durante a xornada de competición, tanto os participantes como os viandantes puideron gozar dunha exposición temática sobre a construción de embarcacións, os seus tipos e aparellos, mediante paneis situados ao longo da Doca de Baiona, baixo a organización do CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar).

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios