Anuncios
Ticker de novas

O Vila de Baiona de Fútbol Sala envórcase con Portugal

FOTO: EFE/EPA/PAULO CUNHA

Desde os seus inicios o Baíña FS sempre mantivo unha gran relación cos veciños lusos, en Portugal xogou varios torneos e moitos amigables e foron varios clubs que os convidaron a participar nas súas presentacións e moitos os que se desprazaron a Baiona para xogar o seu torneo internacional. Ademais o intercambio de información entre adestradores nestes últimos anos foi constante, mesmo se fixo unha excursión conxunta para ir ver o Santiago.

Despois do terrible incendio da última semana en Pedregao Grande algunhas asociacións do norte de Portugal están a realizar unha campaña para recoller roupa e outros aveños.
O Baíña FS quere colaborar e vai facer unha recollida no Pavillón de Baiona desde o vindeiro martes ata o sábado en horario de tarde, horas nas que celebra o Vila de Baiona de futsal.

Para que a axuda chegue ao seu destino será un adestrador do club baionés e a adestradora lusa Sara Almeida os encargados de depositar a axuda nos sitios preestablecidos polas asociacións portuguesas.

“Desde o Baíña gustaríanos facer un chamamento a todos os participantes do Vila de Baiona/Lestayo 2017 e tamén a todos os veciños do Val Miñor a colaborar, mesmo se algunha Asociación ou outros clubs queren colaborar sería ben recibida a maior axuda posible”.

Máis información no 722 393 182.

Anuncios