Anuncios
Ticker de novas

Controlado un incendio forestal xunto á Virxe da Rocha

Ás 12:58 horas deste mediodía quedaba controlado un incendio forestal declarado no Monte Sansón, en Baiona. O lume comezou ás 11:30 horas na zona que se atopa entre a área recreativa Mercedes de la Escalera, aos pés da Virxe da Rocha, e o IES Primeiro de Marzo.

Na súa extinción traballan 1 axente, 4 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero. Tamén se desprazaron ata o lugar patrullas da Policía Local e da Garda Civil, que procederon ao corte da estrada, ademais de membros do GES de Val Miñor. Segundo informan desde a Consellería do Medio Rural aínda non se teñen datos da superficie afectada.

Anuncios