Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Gondomar asesorará aos accionistas locais do Banco Pastor

Moitos cidadáns de Gondomar teñen sido esquilmados nos seus aforros polo efecto perverso das malas prácticas bancarias. Preferentes, cláusulas chan ou os accionistas minoritarios que investiron os seus aforros en accións do Banco Pastor.

“Desde a Concellería de Comercio queremos dar soporte informativo sobre os posibles camiños xudiciais coa intención de levar a cabo todas as accións necesarias para intentar recuperar o diñeiro dos afectados”, afirma Xosé Antón Araúxo, concelleiro de Comercio e Turismo.

Diversas asociacións de consumidores teñen acusado aos administradores do Banco Popular de presuntos delitos de falsidade contable e estafa aos pequenos investidores.

“Dende o Concello de Gondomar, vila na que o Pastor ten unha sucursal dende hai moitos anos, temos a intención de axudar a canalizar a rabia, a impotencia e a frustración dos afectados cara levar a cabo todas as accións necesarias, por todas as vías posibles, xudiciais ou extraxudiciais, que permitan aos afectados obter unha compensación polo prexuízo padecido.

Todas as persoas afectadas poden dirixirse á Concellería de Comercio que ofrecerá información dos procedementos legais máis axeitados.

Anuncios