Anuncios
Ticker de novas

O Liceo Marítimo de Baiona organiza o seu II Concurso de pintura infantil ao aire libre

FOTO: LICEO MARÍTIMO DE BAIONA / I Concurso de pintura ao aire libre.

O Liceo Marítimo de Baiona organiza o vindeiro domingo 18 de xuño o II Concurso de pintura infantil ao aire libre – Pinta A Nosa Paisaxe.

Celebrarase desde as 11:00 da mañá e poderán participar os nenos e nenas de 5 a 14 anos. A temática será sobre “A Nosa Paisaxe” vista desde o Paseo de Pinzón e arredores do Liceo Marítimo. A técnica será libre, sobre unha lámina tamaño A4, que será facilitada pola organización o mesmo domingo de 9:30 a 11:00 horas, momento en que poderán inscribirse os participantes.

O concurso será gratuíto e os participantes soamente deberán acudir con ganas de pintar e provistos do material necesario para a realización da obra (base para papel, lapis, ceras, etc.).

A entrega dos premios realizarase no Liceo Marítimo de Baiona ás 18:00 horas. Establécense dous premios para cada categoría. As obras presentadas ao concurso permanecerán expostas durante a semana posterior ao concurso no salón do Liceo.

Poderán solicitar máis información e as bases do concurso no propio Liceo, no mail: liceodebaiona@gmail.com ou nos teléfonos 653 757 614 ou 608 183 957.

Anuncios