Sin categoría

Nigrán abre as inscricións para participar no “Flota como Poidas”

O Concello de Nigrán abre ata o 16 de agosto o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada “Flota como Poidas”, que terá lugar o domingo 18 de agosto ás 17:30 horas na ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

Os interesados teñen de 9.00 a 13.30 para anotarse no departamento de turismo do Concello de Nigrán ou ben no mail turismo@nigran.org (neste mail teñen que solicitar previamente a ficha de inscrición). A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 17.00 horas. Entre tódolos participantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma.

É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. O Concello premiará o artefacto flotante máis traballado e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.