Anuncios
Ticker de novas

O Día da Rítmica de Baiona vólvese solidario

FOTO: CLUB XIMNASIA RÍTMICA AS ESTELAS

Este domingo día 18 de xuño o Club Ximnasia Rítmica As Estelas, en colaboración co Concello de Baiona, organiza a sexta edición do Día da Rítmica e esta vez con carácter solidario.

O club baionés únese á campaña “Ningún neno sen bigote” da Obra Social “La Caixa” co fin de xuntar bricks de leite para doar a bancos de alimentos. Todo aquel que queira colaborar con esta boa causa pode achegarse ao Pavillón de Deportes de Baiona o domingo 18 de xuño de 10:30 a 13:30 e deixar o seu brick de leite nas caixas destinadas para iso e á vez gozar dunha mañá de ximnasia rítmica, onde máis de 100 nenas actuarán ao longo da mañá.

Os clubs participantes son: Club As Estelas, Escuelas Rosalía, Club Arousa, Club Rías Baixas, Club Ría de Marín, Club Porriño, Club Xiada e Colexio Tomiño. Tamén haberá venda de rifas para sorteos de diversos agasallos en invitacións. E pola tarde, Alejandra Quereda, subcampioa olímpica Río 2016, realizará unha masterclass para as ximnastas inscritas previamente.

Desde o club esperan contar con moita afluencia de público e convidan a todos os veciños de Baiona a que colaboren con esta boa causa. Deporte e solidariedade sempre unidos.

Anuncios