Anuncios
Ticker de novas

Nigrán arranca este sábado o mes do teatro coa obra “A revirada”

O Concello de Nigrán volve a celebrar como cada outubro o “Mes do teatro”, dedicado a grupos afeccionados da esfera local e que actuarán no Auditorio Municipal os sábados ás 20:00 (agás o venres 19 con Teatro do Ar). A programación a abrirá este sábado día 6 a compañía de Chaín “A Moura” coa representación “A revirada”, para continuar o 13 coa aula de teatro “Pritis Cuomis” de Gondomar coa obra “Pata de clown”; o venres 19 Teatro do Ar de Nigrán con “Marionetas”; o sábado 20 o grupo “Rosalía de Castro” de Vigo con “Os vellos non deben namorarse” e, finalmente, o sábado 27 “A xesta vermella”, de Borreiros (Gondomar), con “Pola culpa do Gayoso”. “En toda a comarca hai moitos grupos de teatro afeccionado aos que o Concello quere apoiar ofrecéndolles un espazo para interpretar as súas obras, xa que ao mesmo tempo hai un público moi interesado”, sinala o alcalde, Juan González.

2018-10-05 - FACEBOOK_Cartel_A3_OUTUBRO_TEATRO_2018_1

Anuncios