Anuncios
Ticker de novas

O éxito de Sabarís Gastronómico confírmase na súa segunda edición

FOTO: PEPE COSTAS // Os comensais na carpa do II Sabarís Gastronómico.

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís celebrou este domingo cun rotundo éxito a 2ª Festa Gastronómica de Produtos Galegos e Artesanais “Sabarís Gastronómico”, organizada coa colaboración dos Concellos de Baiona e Tomiño e a Deputación de Pontevedra, e co patrocinio de Mahou.

Centos de persoas achegáronse ata o Torreiro da Ladeira para gozar dun domingo exquisito, con gran diversidade de produtos e un día que acompañaba. Desde as 11:00 ata as 21:00 horas púidose degustar marisco, polbo, callos e espetadas, empanadas, chourizos, embutidos ibéricos, hamburguesas ecolóxicas, pizzas, churrasco, sobremesas variadas… todo acompañado de cervexa artesanal ou as bebidas da cantina, ademais de cafés e chupitos.

O toque musical púxoo a charanga Nova Cubana de Mougás pola mañá e o grupo de música tradicional Estrela Destroxira pola tarde.

O presidente de Castro e Ladeira, Martín Otero, subliñou o rotundo éxito da xornada, tanto, que xa se expoñen ampliar o evento a dous días.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios