Anuncios
Ticker de novas

O maratón musical “Sons do Casco” repite éxito na súa segunda edición

FOTO: PEPE COSTAS // Actuación de Wondercovers na rúa Ventura Misa.

Catorce grupos musicais converteron este sábado as rúas de Baiona nun gran escenario ao aire libre. A Concellería de Cultura de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios (Aceba) organizaron a segunda edición da ruta musical “Sons do Casco”, unha iniciativa de carácter gratuíta que enche de actuacións a Vila.

Dende as 12 da mañá ata as 12 da noite, 14 grupos de diferentes estilos ofreceron as súas propostas musicais ao numeroso público asistente en 9 escenarios situados en diferentes recunchos da zona vella baionesa, como a Praza do Concello, a Praza do Pai Fernando, a Fonte da Laxe e a Fonte de Zeta, a Praza de Pedro de Castro ou os xardíns da Casa da Navegación.

Bloquinho Aperta iniciou este “maratón” musical ás 12:00 horas cun pasarrúas. Despois actuaron Max Gómez Trío, Pacheco Bros, Impresentables, Pequeña Gran Compañía, Wondercovers, DJ Ángel Vaqueiro, La Tribu, Arévalo & Giannetto, La Patrulla, Swing du Monde, Bechuchos, Pa Ti Na Má e Blue Monk. Bloquinho Aperta pechou o evento cun novo pasarrúas ata as 00:00 horas.

Anuncios