Anuncios
Ticker de novas

Nigrán ofrece un novo curso de manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Os participantes no anterior curso de manipulador de produtos fitosanitarios cos seus carnés.

O Concello de Nigrán ofrece un novo curso de “Manipulador de Fitosanitarios Nivel Básico” dirixido prioritariamente a empadroados no municipio. Este terá unha duración de 25 horas e se desenvolverá no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52) de 16.00 a 21.00 horas o 5, 7, 9, 12, e 14 de xuño. Os interesados poden inscribirse ata este venres 26 de maio na secretaría de alcaldía (edificio antigo, segundo andar) de 9.00 a 14.00 horas, onde se lles entregará a orde para facer o pagamento no banco de 48,92 euros (este é o custe do curso a cargo de ATX Formación, o Concello aboará os 10 euros para a taxa do exame).

O Concello ofrece novamente este curso ante a gran demanda da veciñanza, moi interesada dende a entrada en vigor da lei uso sostible de produtos fitosanitarios que limita a venda a aquelas persoas que conten coa la titulación.

Anuncios