Anuncios
Ticker de novas

Curso de lingua de signos para a mocidade de Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro Valverde informa que se abre o prazo de inscrición para o curso de lingua de signos.
A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar porá en marcha no mes de xullo un curso de lingua de signos dirixido preferentemente á mocidade do municipio. Con este curso queren posibilitar aos mozos e mozas o coñecemento da lingua de signos, amosarlles as dificultades do día a día das persoas con discapacidade auditiva e que se decaten de que case todo na sociedade xira entorno ao sentido do oído.

Dende a Concellería de Xuventude tentan darlle á mocidade os medios para eliminar barreiras comunicativas, que adquiran unhas habilidades básicas para poder socializar con iguais que teñan discapacidade auditiva ou que lles poida ser de utilidade para o seu futuro mundo laboral.

Para inscribirse deben cubrir unhas instancias e entregalas no Rexistro do Concello de Gondomar do 12 ao 29 de xullo.

O curso será do 3 de xullo ao 2 de agosto en horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas. Para calquera información chamar ao 986 369 746.

Anuncios