Anuncios
Ticker de novas

Baiona celebra a 2ª Ruta Musical “Sons do Casco”

Baiona celebra este sábado, 10 de xuño, a 2ª Ruta Musical “Sons do Casco”, desde as 12:00 do mediodía ata as 24:00 horas da noite, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba).

Durante as máis de 12 horas que durará o evento, 14 grupos de diferentes estilos actuarán en 9 escenarios situados en diferentes recunchos da zona vella baionesa, como a Praza do Pai Fernando, a Fonte da Laxe e a Fonte de Zeta, a Praza de Pedro de Castro ou os xardíns da Casa da Navegación.

Bloquinho Aperta iniciará a xornada ás 12:00 horas cun pasarrúas. Despois actuarán Max Gómez Trío, Pacheco Bros, Impresentables, Pequeña Gran Compañía, Wondercovers, DJ Ángel Vaqueiro, La Tribu, Arévalo & Giannetto, La Patrulla, Swing du Monde, Bechuchos, Pa Ti Na Má e Blue Monk. Bloquinho Aperta pechará o evento cuns novo pasarrúas ata as 00:00 horas.

A primeira edición de “Sons do Casco” resultou todo un éxito, enchendo o casco antigo de Baiona de música e público. A iniciativa xa viña celebrándose desde hai anos en Sabarís, ao longo da Avda. Julián Valverde, organizada por Coemsa.

2ª RUTA MUSICAL SONS DO CASCO

Anuncios