Anuncios
Ticker de novas

Ovalmi organiza un curso de prevención de riscos laborais

Debido á demanda, cada vez maior, das formacións obrigatorias e necesarias para traballar no sector da construción, a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) organiza un curso de prevención de riscos laborais básico de 60 horas semipresencial (20 horas presenciais e 40 de teleformación).

O prezo da formación por alumno é de 150,00 €, incluíndo material, expedición de diplomas, etc. Os traballadores por conta allea poden acollerse á bonificación a través da Fundación Tripartita, tendo o curso un incremento de 20€ por alumno.

O curso impartirase na sede da Asociación de Empresarios OVALMI, en Praza Rosalía de Castro, local 3 baixo, Nigrán. As datas de impartición das horas presenciais serán desde o día 26 de xuño ao 24 de xullo, en sesións de 15:00 a 20:00 horas, un día á semana.

Para inscribirse ou para calquera información contactar coa Asociación no teléfono 986 36 67 30 ou a través do correo electrónico asociacion@ovalmi.com. O curso realizarase a condición de que se alcance un mínimo de alumnos.

Anuncios