Festas de San Antonio e Corpus en Mañufe

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A parroquia gondomareña de Mañufe celebra este fin de semana as festas na honra de San Antonio e Corpus.

O venres 9 de xuño a verbena estará amenizada polo Trío Azar e a orquestra Saudade.

O sábado 10 ás 12:30 horas comezará a Misa na honra de San Antonio, seguida de procesión acompañada polo grupo de música tradicional Os Romanteleiros. Ás 17:30 horas terán lugar as Grandes Poxas, e pola noite, a verbena correrá a cargo da orquestra D’Tacon e o grupo Fama.

O domingo 11 ás 10:30 da mañá a Banda de Música Agrupación Musical de Vincios ofrecerá un pasarrúas por Gondomar. Ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne de Corpus, seguida de procesión acompañada pola citada Banda de Música.