Baiona ofrece un completo calendario de actividades deportivas para este verán

O Concello de Baiona, a través das Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas, presenta o calendario de actividades lúdico-deportivas que para o presente verán de 2017 ten previsto desenvolver para veciños e visitantes da Real Vila.

As actividades para desenvolver caracterízanse pola diversidade das mesmas, así como por ofrecer alternativas de lecer e deporte para todas as idades e sexos.

A oferta ofrece alternativas de ocupación do tempo libre tanto de mañá como de tarde, para desta maneira axustarse aos horarios vacacionais e laborais dos interesados.

Para facer público este calendario de actividades, a Concellería de Deportes realizou un folleto descritivo por días e meses de todas as alternativas de lecer que se ofrecen.

Ademais, informa de que está aberto o prazo de inscrición para as distintas escolas deportivas deste presente verán, que terá comezo a partir do día 1 de xuño ata o 15 de setembro.

Disponse de información dos moitos e variados torneos deportivos que se desenvolverán este verán: Fútbol Sala, Pesca Deportiva Infantil, Fútbol, Baloncesto 3×3, Volei Praia 3×3, Pas Praia, Campus Multideportivos, Carreira Pedestre, Regata de Gamelas e as novidades do programa, con eventos populares como a Travesía a nado, Subida á Groba e o Tríatlon Popular, que esperan sexan alicientes máis que suficientes para manter en forma aos veciños e turistas.

Tamén destaca a oferta dos Campus Deportivos de verán “laCaixa”, que este ano se ofertan un total de 16 modalidades en deportes tan dispares como Tenis, Deportes de Combate, Ciclismo, Danza, Deportes Náuticos, Fútbol Sala, Multideporte, Volei Praia, Fútbol, Ximnasia Rítmica, Atletismo, Baloncesto, Patín e Bádminton, o que garante actividade durante 11 semanas a un prezo moi competitivo, todo iso froito dos convenios de colaboración existentes a través da Concellería de Deportes de Baiona cos clubs deportivos Club de Tenis Baiona, Academia Tenis Vigo, Club de Loita Sabarís, Galicia en Danza, Wetsports Ladeira, Monte Real Club de Yates, Club de Piragüismo de Baiona, Baíña Fútbol Sala, Club Vigo Voleibol, Erizana Club de Fútbol, Escola Running Baiona, Club Baloncesto Baiona, Amfiv, Club Patinaxe Baiona e Club Bádminton Val Miñor.

Este ano preséntanse ademais prazas para aqueles participantes que con dificultades motrices e/ou psicolóxicas queiran participar en campus integrados como son o de Tenis e Baloncesto e outro en setembro específicos para eles.

Para inscricións e maior información dirixirse ao Pavillón de Deportes ou no teléfono de 986 356 558, tamén se dispón de correo electrónico deportes@baiona.org.

AXENDA DEPORTIVA BAIONA VERÁN 2017

CAMPUS DEPORTIVOS BAIONA 2017