IX Torneo Escolar Benéfico de Tenis en Gondomar

FOTO: CLUB DE TENIS GONDOMAR // Finalistas da VIII edición do Torneo Escolar Benéfico e Tenis Concello de Gondomar.

O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes e en colaboración co Club de Tenis Gondomar, organiza o IX Torneo Escolar Benéfico de Tenis. A competición terá lugar este domingo día 4 de xuño no Pavillón de Deportes, nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e nas novas pistas das Cercas. Dará comezo ás 9:30 horas e finalizará ao redor das 14:00 horas.

Abarca as categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Todas elas mixtas.

Ás 9:30 horas en punto darán comezo os partidos, todo aquel que non se atope no recinto non poderá participar. A media mañá, todos os participantes poderán gozar dunha merenda que recargará as enerxías para seguir coa competición, e poñerá punto e final á xornada a entrega de trofeos aos gañadores, e despois, agasallos para todos os participantes e sorteo de premios.

Como outros anos, os inscritos deberán achegar alimentos non perecedoiros, como lentellas, arroz… A comida irá destinada aos Servizos Sociais do Concello de Gondomar, que será o encargado de repartila entre as familias máis necesitadas do municipio.

As inscricións poderán realizarse ata o 1 de xuño no correo electrónico ctgondomar@hotmail.es ou no teléfono 680 124 239.

Anuncios