Anuncios
Ticker de novas

Iván Roade gaña a VI Carreira Popular da “Festa da Cereixa”

FOTO: DIFUSION PROSPORT // Iván Roade cruzando la liña de meta da VI Carreira da Cereixa.

Iván Roade Lago gañou este domingo a VI Carreira Popular da “Festa da Cereixa”, organizada pola Asociación de Veciños de Beade coa colaboración do Concello de Vigo e o soporte técnico de Champion Chip Norte, pertencente ao circuíto de carreiras populares Run Run Vigo.

O atleta nigranés do CA Bikila completou a proba, cunha distancia de 10.000 metros aproximadamente, nun tempo de 32:25. O segundo en cruzar a liña de meta foi Akka Essaadaoui, do SG Pontevedra, en 33:33, e o terceiro, pechando o podio, Daniel Bargiela, tamén do CA Bikila, finalizando as dúas voltas ao circuíto de 5 km. en 33:57.

En categoría feminina impúxose Ester Navarrete Santana do ADAS-Proinor (38:44). O segundo posto foi para Ana Alonso Gullón do CSCR Beade (41:45) e o terceiro para Blanca Labandeira Fernández do Athletics Fisioterapia San Lázaro Team (44:34).

A proba absoluta, na que participaban as categorías desde xuvenil ata veteranos (femininos e masculinos), contou con 209 atletas inscritos.

Anuncios