II Xornadas de Economía Social de Gondomar

Este domingo 28 de maio celebraranse as II Xornadas de Economía Social de Gondomar, a partir das 11:30 horas no Centro Neural.

Son continuidade das celebradas o 22 de abril, nas que expertos chegaron de Catalunya para compartir os grandes avances que teñen logrado na construción dun eficiente e ambicioso modelo de relacións económicas e sociais mais xusto.

“Nestas segundas xornadas centrámonos nun obxectivo máis concreto, máis tanxible, máis local. Queremos que a moeda local serva para incentivar as relacións económicas endóxenas, dentro do concello, e particularmente para impulsar o Comercio Local”, sinala Xosé Antón Araúxo.

O concelleiro de Comercio de Gondomar destaca ademais que todas as experiencias históricas, da posta en marcha de moedas locais, así o acreditan. “Por tanto, queremos coñecer e poñer en marcha, en sintonía co comercio local, o recurso da moeda local.

Para informar sobre o proxecto, estará a Asociación de Empresarios de Santa Comba, que ten marcha un proxecto moi interesante para dinamizar o comercio local e a economía de toda a súa comarca, denominado Costavales, co seu directivo Manuel Amigo.

Os Costavales consisten nun sistema de vales de compra que se poden conseguir por medio dos propios comercios que despois os aceptan nas compras que realicemos neles.

“Convidámosvos a toda a xente de Gondomar a coñecelos, para saber das súas vantaxes, tanto para os comercios como para a súa clientela, e o conxunto da poboación da nosa comarca”, conclúe Araúxo.