O Baíña FS celebra este sábado o IX Torneo Internacional de Fútbol Sala

O Baíña Fútbol Sala organiza este sábado día 8 de setembro o IX Torneo Internacional de Fútbol Sala en colaboración co Concello de Baiona, a Deputación de Pontevedra e laCaixa. Este ano participarán dous equipos sénior de Portugal, o Ancora Praia e o Vila Nova de Cerveira, ademais do Pecheches de Vigo, o Leis Pontevedra e por suposto os equipos do Baíña FS desde benxamín ata sénior. O prato forte será ás 16:30 horas co partido entre o Ancora Praia da liga nacional lusa e o equipo de liga preferente do Baíña que este ano dirixe Javier Merino.

Pavillón Municipal de Deportes
11:00 Infantil Leis vs. Baíña FS A
11:45 Cuadrangular Benxamín entre Baiona Linense, Pecheches, Baíña FS A e Baíña FS B
Pavillón CPI de Cova Terreña
12:15 Infantil Leis vs. Baíña FS B
13:15 Entrega de Medallas
Pavillón CPI de Cova Terreña
16:00 Xuvenil Pecheches vs. Baíña FS
Pavillón Municipal de Deportes
16:30 Ancora vs. Baíña Sénior A
18:30 Pecheches vs. Vila Nova vs. Baíña FS Sub 23
18:40 Entrega de trofeos Sénior e Xuvenil
20:00 Entrega de trofeos Sénior

Anuncios