Unha unidade móbil de doazón de sangue estará o martes en Nigrán e o mércores en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará esta semana Nigrán e Baiona. O martes 23 de maio estará situada diante do Concello de Nigrán, de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. O mércores 24 permanecerá estacionada na Avda. Jesús Valverde, na entrada ao Parador de Baiona, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo nos horarios indicados. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.