Amigos do alleo roubaron en Madrid o xogo de rodas de carbono da handbike da deportista baionesa Mila López. Trátase de tres rodas marca Corina coas súas fundas que se atopaban no interior do seu coche: unha roda dianteira de 26’’ con cassete 11v 11-40 e dúas rodas traseiras de 20’’ con eixo 25mm. Son as rodas que Mila ía usar no Campionato de España que se celebra a semana que vén. Se alguén as ve en venda nalgún lugar, Mila roga que se lle avise no teléfono 652 055 577.
Rouban as rodas da handbike da deportista baionesa Mila López

