Gondomar licita os 28 postos de venda da Praza de Abastos

A Concellería de Comercio do Concello de Gondomar licita os 28 postos de venda da Praza de Abastos. Trátase de 4 postos de carnicería, 11 de peixaría, 4 de froitas e verduras e 12 postos libres. O canon mínimo da concesión é de 155,05 ou 228,67 euros dependendo do posto.

O tipo de licitación será mellorable á alza, sendo rexeitadas aquelas proposicións que se presenten nas que se ofreza un prezo inferior ao indicado. Cada licitador poderá presentar oferta a todos os postos.

O prazo ordinario da concesión será de 10 anos no caso de persoas xurídicas, que poderá ampliarse por prórrogas sucesivas de 5 anos ata os 25. No caso das persoas físicas, o prazo ordinario de concesión será de 10 anos, que poderá ampliarse por prórrogas sucesivas de 5 anos ata os 50 anos ou ben ata a xubilación da persoa titular.

As propostas deberán ser entregadas no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar en horario de 9:00 a 14:00 horas, no prazo de 30 días naturais, contados a partir do día 26 de abril.

A documentación e información necesaria está dispoñible no perfil do contratante do Concello de Gondomar, https://concellodegondomar.sedelectronica.gal, ou no Departamento de Secretaría.

Anuncios