Danza Paradela organiza unha viaxe a Madrid para ver o musical “El Rey León”

A Escola de Danza Paradela de Gondomar organiza unha viaxe a Madrid do 9 ao 10 de setembro. O primeiro día, os participantes visitarán a capital, cun percorrido en bus polas rúas máis importantes, tanto pola zona máis antiga e monumental (Paseos do Prado e de Recoletos, Gran Vía, Rúa Maior, Porta do Sol) como o Madrid máis moderno desde o século XIX ata hoxe en día (Barrios de Salamanca e o Viso, Paseo da Castellana, Praza de Castela. Tamén gozarán de tempo para pasear, e a continuación, asistirán ao musical “El Rey León”.

O segundo día seguirán coa súa visita a Madrid, destacando a Praza Maior, a poucos metros da Porta do Sol e da Praza da Vila xunto á Rúa Maior, a Catedral da Almudena, as Torres Kio, o Cristo de Medinaceli…

O prezo por persoa é de 229 euros, e inclúe autocar gran turismo, hotel en Fuenlabrada en réxime de pensión completa, guía acompañante, entrada ao musical ”El Rey León” en platea preferente e seguro de viaxe. Os interesados poden realizar as súas reservas nos teléfonos 665 01 32 70 ou 986 36 05 16.

Anuncios