Sin categoría

Gondomar celebra o seu segundo Entroido de Verán

Por segundo ano o Concello de Gondomar celebra o seu “Entroido de Verán”, pero esta vez da man da Asociación “O millor de casa casa” como organizadores e para celebrar os seus 10 anos de existencia. O lugar escollido pola organización para a celebración do evento, que terá lugar o vindeiro luns 14 de agosto, é o Torreiro de Festas de Vincios.

Comezará ás 17:00 horas cunha festa infantil con inchables de auga, festa da escuma e varios xogos divertidos. Ás 20:00 horas, Cristian de Samil será o encargado do pregón, e a partir das 21:00 horas celebrarase un concurso de disfraces e unha Festa Holi (pos de cores) con DJ Yogüi e DJ Rafitta.