Gondomar celebrará o día 1 de abril no Auditorio Lois Tobío ás 20:00 horas a súa II Gala do Deporte, evento promovido polo Alcalde, Paco Ferreira, e pola Concellería de Deportes, dirixida por Nuria Lameiro, co apoio da Deputación de Pontevedra. Con esta cita Gondomar afiánzase no seu proxecto de fomentar o deporte e poñelo en valor.
O padriño deste ano será Álvaro Pino, o ex ciclista gañador da Volta a España do 86, e vencedor en varios títulos nacionais como Subida ao Naranco, Setmana Catalá, Volta a Cataluña ou a Escalada a Montjuic. Estará acompañado polo Alcalde Paco Ferreira, a Concelleira de Deportes e Roberto Carlos Carballo, redactor do programa “Galicia en Goles”, que será o encargado de conducir a gala.
A gala será retransmitida en directo a través de internet, en streaming, seguindo este link http://gala.concellodegondomar.gal grazas ao patrocinio de Ollomol Audiovisual, K12 Comunicación e Tapería Adechape. O link estará tamén dispoñible a través do Facebook do Concello, o do Alcalde Paco Ferreira e da páxina web do Concello de Gondomar. Os locais Tapería Adechape e A Galiña do Ardora poñerán a disposición do evento as pantallas dos seus locais para todos os seus clientes. No hall do Auditorio habilitaranse dúas pantallas para seguir a gala.
O xurado reunido o pasado 21 de marzo ás 19:30 composto por Nuria Lameiro como presidenta, secretario Luís Carballo Moure, Xose Antón Fernández González, Nuria Gómez Domínguez, Xose Manuel Chamorro, Loles Vila Alonso e Ramón Magariños Duro foron os encargados de elixir aos premiados en cada un dos deportes.
Os premiados nesta segunda Gala do Deporte están divididos por categoría:
– Baloncesto: Víctor Villadóniga Santos y Bernabé Costas de Miranda.
– Atletismo: Nerea Perelló González, Yeray Gómez Villar, Zekarias Fernández-Arroyo y Elena Costas Martín.
– Ximnasia acrobática: Blanca Alonso Fernández.
– Automovilismo: Hugo González Lameiro, Alberto Meira, Esteban Pérez Iglesias y Ezequiel Salgueiro Simoes.
– Rugby: Anxo Crusat Mirás.
– Axedrez: Artai Bringas Gómez y Ana Fernández Carneiro.
– Duatlón-Triatlón: Brais Misa García.
– Tiro con arco: Rubén Rodriguez Alleres y Sergio Alonso Peitieiros.
– Patinaxe: Joel Ribeiro Díaz, Xose Alonso Cruz e Iria Boullosa Zarrauiños.
– Canicross- bikejoring: Noelia Piñeiro Pérez.
– Bolos: Jose Manuel Torres Nicolao, Alberto González Bouzada y Jose Rodríguez Domínguez.
– Tenis: Alejandra Vázquez Pérez y Claudia San Juan Ares.
– Tenis de mesa: Simón Casal González, Luisa Pintos Barreiro, Celia da Conceiçao Vaz Jesús y Martín Pintos Barreiro.
– Fútbol: Alejandro Gómez Pérez, Pablo Llamazares Hermida, Ana Román González e Ildara Pérez Cameselle.
– Ciclismo-BTT: Ismael Salgueiro Troncoso.
Ademais durante a Gala coñeceranse os premiados das nove categorías, os nomeados son:
– Mellor evento deportivo: I Enduro Serra Galiñeiro, XVI Carreira Popular Memorial Barros, e a V Carreira Master Concello de Gondomar.
– Mellor club deportivo: Club de Tenis de Gondomar, a Sociedade Atlética Val Miñor e o Club de Patinaxe Gondomar.
– Mellor patrocinador de eventos: Agua Sana, Rosquillas Cristaleiro e Rodosa.
– Traxectoria deportiva: Marta Fernández Otero, Vanessa Veiga Comesaña e Enrique Eduardo Fernández Rodríguez.
– Mellor deportista revelación masculino: Simón Casal González, Víctor Villadóniga Santos e Xosé Alonso Cruz.
– Mellor deportista revelación feminino: Nerea Perelló González, Blanca Alonso Fernández e Luisa Pintos Barreiro.
– Mellor deportista masculino: Jose Manuel Torres Nicolao, Brais Misa García e Bernabé Costas de Miranda,
– Mellor deportista feminina: Ildara Pérez Cameselle, Noelia Piñeiro Pérez e Paula Vilar Palma.
A mención especial será para Protección Civil, Concentración Moteira “A Cento Cien”, e a dous deportistas: José Manuel González Pérez e Laura Míguez Vila. Ademais farase entregará o título póstumo á familia de Manuel Hermida Losada “Hermidita”.

