Anuncios
Ticker de novas

“Talismán revoluciona os bechos” gaña o concurso de comparsas de Baiona

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Baiona celebrou este mércores unha dobre xornada co Desfile de Comparsas e o Enterro da Sardiña. As 18 comparsas participantes chegadas de Gondomar, Vigo, Baiona, Nigrán, Tomiño, Redondela e Salceda de Caselas, que sumaban máis de 1.100 compoñentes, comezaron o desfile ás 17:00 horas desde Sabarís, percorrendo a Avenida Monterreal, Alférez Barreiro e Elduayen ata chegar ao Paseo da Ribeira. A Sardiña completou tamén todo o percorrido ata rematar na Praia Ribeira, onde se procedeu á súa queima.

Tras a deliberación do xurado, integrado por persoas do mundo da cultura, o deporte, a música, as letras, etc., que valorou entre outros aspectos os disfraces, as máscaras ou a maquillaxe, a orixinalidade e o deseño, así como a caracterización, actitude no desfile acorde co motivo de exhibición, e a súa calidade e creatividade, procedeuse á entrega de premios ás comparsas gañadoras.

O terceiro premio, de 500 euros, foi para a Asociación de Carnavales de Mañufe, coa comparsa “Arca de Noé III Milenio”. O segundo, de 650 euros, recaeu na comparsa “Ponte en hora”, da Asociación Cultural Ciklón de Tomiño. E os 900 euros do primeiro premio foron para a Asociación Cultural Talismán de San Esteban de Budiño con “Talismán revoluciona os bechos”.

As demais comparsas participantes, “As bailarinas de Mozart” da Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios, “That’s America” da Comparsa Pedregal do Centro Cultural de Valladares, “Fant-Asia” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, “A Tropa do Cruceiro” de San Miguel de Oia, “Danzas do Bosque” do Centro Cultural de Baíña, “Dando la nota” de Chegaron os que faltaban, “Fantasía volcánica de Parada” do Centro Cultural Parada do Miñor, “Vinciocas” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios, “Descalcienta” de Comparsa Purpurina e Centro Juan María, “Un jorobado de Beade” da Asociación de Veciños de Beade, “El jardín de las mariposas” da Asociación Cultural Alecrín de Carregal de Tomiño, “Fantasía da noite meiga” da Asociación Cultural Miúdos de Arcade, “Ga-le-gos” da Asociación Cultural Andareiros de Gondomar, “Cleopatra cruzando o Nilo” da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá e “Un gran festín” da Asociación Comparsa Terra de Condes de Redondela, recibiron unha cantidade que varía dependendo do número de compoñentes: de 81 a 100 compoñentes 500 euros; de 61 a 80 compoñentes 400 euros; de 41 a 60 compoñentes 300 euros; de 21 a 40 compoñentes 200 euros; e de 12 a 20 compoñentes 100 euros.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios