Comezan as clases prácticas de educación viaria para nenos en Nigrán

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN

Este luns comezaron as clases prácticas de educación viaria que organiza a Policía Local de Nigrán en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DGT), e que continuarán ata o mércores 1 de marzo no Pavillón do CPI de Panxón, onde se instalou o Parque Infantil de Tráfico, desde as 10:00 ata as 13:30 horas.

As xornadas están dirixidas a nenos de entre 6 e 14 anos (excepto os karts, para maiores de 9 anos), que deben levar a súa bicicleta e o seu casco para poder participar.

Anuncios