Anuncios
Ticker de novas

O Centro Cultural de Chaín gaña o concurso de comparsas de Gondomar con “Fant-Asia”

FOTO: PEPE COSTAS

Este domingo Gondomar celebrou o tradicional Desfile de Comparsas, co que as rúas do centro enchéronse de colorido e fantasía para deleitar á gran afluencia de público.

Cristian de Samil foi o encargado do pregón que deu paso ao desfile, no que participaron 11 comparsas chegadas de Gondomar, Nigrán, Baiona, Vigo e Tomiño, e que estivo presentado polo Trío Azar.

Así, foron percorrendo a rúa Eduardo Iglesias “Descalcienta” de Comparsa Purpurina e o Centro Juan María, “Danzas do Bosque” do Centro Cultural de Baíña, “Venecia” de Luces de Tomiño, “Dando la Nota” de Chegaron os que Faltaban, “As Bailarinas de Mozart” da Comparsa O Millor de Cada Casa e a Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios, “A Tropa do Cruceiro” de Santa Miguel de Oia, “Fantasía Volcánica de Parada” do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, “Fant-Asia” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, “Vinciocas” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios, “Arca de Noé III Milenio” da Comparsa de Mañufe e “Dulces” da Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa.

Tras a deliberación, amenizada polo Trío Azar, o xurado formado polo alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, Cristian de Samil, Brenda Vidal, Silvia Hermida, Lola Correa, José Luis Muñiz e Javier Lago, elixiu finalmente as gañadoras.

O primeiro premio, dotado de 1.000 euros, recaeu na comparsa “Fant-Asia” do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, con 221 puntos. A Asociación de Carnavales de Mañufe e “Arca de Noé III Milenio” conseguiu o segundo premio, de 800 euros, con 198 puntos. E finalmente, o terceiro premio, de 600 euros, foi para “Fantasía Volcánica de Parada” do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, con 165 puntos.

As comparsas “Vinciocas” (4º posto con 151 puntos), “As Bailarinas de Mozart” (5º posto con 146 puntos), “Descalcienta” (6º posto con 140 puntos), “A Tropa do Cruceiro” (7º posto con 131 puntos), “Venecia” (8º posto con 128 puntos) e “Dando la Nota” (9º posto con 125 puntos) recibiron un premio de 350 euros cada unha. Finalmente, “Dulces” no noveno posto con 99 puntos e “Danzas do Bosque” con 95 recibiron senllos premios de 200 euros.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios