Anuncios
Ticker de novas

Balneario e chalés inmediatos

Postal da Serie de “La Erizana” titulada “Bayona (Galicia) – Balneario y chalets inmediatos”. En moi poucas fotografías ou postais se pode apreciar con tanta claridade como era o antigo balneario. Todo de madeira, co tempo sería substituído por outro de ladrillo. A torre orixinal para quentar a auga seguiu o mesmo camiño, primeiro foi de madeira e despois de pedra.

Serie de “La Erizana”. Fototipia de Hauser y Menet

Esta serie, probablemente realizada por un establecemento comercial, fíxose na fototipia de Hauser y Menet de Madrid. O impresor utilizou na serie placas da súa serie xeral. Por descoñecer o número de postais non podemos saber cantas hai da serie xeral, pero seguro que as da serie “La Erizana”, tituladas: Monumento da Santísima Trindade, Castelo de Monte Real e Balneario e Chalés Inmediatos, pertencen á citada anteriormente.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios