Anuncios
Ticker de novas

Rúa Porta da Vila

Tarxeta postal Nº A-45653 da Serie “Unión Postal Universal” titulada “Bayona (Galicia) – Calle Antigua Puerta de la Villa. Non todo co paso do tempo foi a peor en Baiona. Certo que se perderon edificios inigualables e que a vila perdeu peso con respecto a outras poboacións de Galicia e, máis concretamente, da provincia de Pontevedra, pero tamén é certo que quedou atrás moita pobreza. Nesta postal da “Porta da Vila”, lonxe dos ricos edificios da rúa de Elduayen, podemos apreciar a pobreza, ou cando menos, escaseza, na que viviu a meirande parte da poboación de Baiona.

Serie “Unión Postal Universal” propiedade de “El Universo”

Atopámonos ante unha Serie realizada pola tenda de ultramarinos “El Universo”, situada no paseo de Elduayen. Ademais desta serie, este comercio editou outra. Son dúas series de grande tipismo, das cales a primeira está numerada, polo que podemos saber que se editaron polo menos quince postais; pola contra, da segunda é difícil saber cantas visitas tiña. Estas postais deberon editarse na segunda década deste século. No anverso da primeira serie aparecía a lenda “Unión Postal Universal”, pero non así na segunda.

Publicado en “O Val Miñor na Tarxeta Postal” (1999) de Salvador Fernández de la Cigoña Fraga. Editado pola Deputación de Pontevedra.

Anuncios