Anuncios
Ticker de novas

Gran xornada do Laroca con catro vitorias e unha derrota

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este sábado disputouse unha nova xornada da liga galega de xadrez, na que o Club Laroca de Nigrán participa con cinco equipos.

Na primeira división grupo C, o Laroca A logrou a súa 2ª vitoria, no seu enfrontamento contra o equipo vigués da Escola Deportiva Universitaria de Vigo. Nesta ocasión sumaron 3 puntos, conseguindo con este resultado manterse no centro da táboa clasificatoria. Sergio, Fran e Avelino, ascendido do Laroca C, foron os responsables dos 3 puntos conseguidos polo equipo.

Na segunda división grupo E, o Laroca B enfrontouse en Nigrán ao CXF – Mesón Derby, e a pesar de enfrontarse ao actual líder do grupo, un duro rival, logrou 1 punto e continúa fóra dos postos de descenso.

O Laroca C desprazouse a Tui para enfrontarse a un rival directo, o Chiringo Contos Tui, onde Artai, Chema, Guillermo e Jorge lograron unha excelente vitoria con 3 puntos que os sitúan no posto 5-6 empatado co CSF – Pub Musaraña cun total de 8,5 puntos.

Na terceira división grupo I, o IES Auga da Laxe-Laroca volveu a Mos para enfrontarse nesta ocasión ao Club Xadrez Mos E, co obxectivo de seguir mantendo a 1ª posición que ocupaba na terceira xornada. Conseguido o obxectivo e cunha vitoria por 4-0, os campións do equipo nigranés manteñen esa 1ª posición. Nesta ocasión tocoulles defender os taboleiros do equipo a Pablo, Ana, Hugo e Osián e fixérono de 10.

O Mallón-Laroca, desde a 4ª posición na clasificación na terceira xornada, recibiu nos locais de Nigrán ao EXP – CSCR Beade, gañando 4-0 situando ao equipo no terceiro posto a 1,5 do segundo posto que permite o ascenso de categoría

A próxima semana suspenderase a liga galega pola celebración dos Campionatos Galegos nas categorías de sub 10, sub 14 e sub 18 na localidade mariñán de Viveiro, no que o Laroca terá representación en todas as categorías ca participación de Artai Bringas, Ana Fernández Carneiro e Hugo Rego na categoría de Sub-14, Mireya Represa en Sub-18 e David Represa en Sub-10.

CLUB DE XADREZ LAROCA

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Anuncios