Anuncios
Ticker de novas

Reservas abertas para participar na Gran Cea Medieval de Aceba

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) organiza un ano máis a Gran Cea Medieval. Trátase dun acto de confraternización, que ademais serve de preámbulo aos actos da Festa da Arribada, que este ano se celebra os días 3, 4 e 5 de marzo.

A velada terá lugar o vindeiro sábado 25 de febreiro no Parador de Baiona a partir das 22:00 horas. Como é habitual entregarase un recoñecemento a diversos asociados, haberá música, animación, sorteo de agasallos…

Para máis información e reservas contactar a través do teléfono 986 355 029.

Anuncios