Anuncios
Ticker de novas

O CPI Panxón pasa do “Fala galego, non sexas lelo” ao “Fala galego, ai la lelo ai lalá”

Ao comezo do presente curso, o pai dunha alumna do CPI Panxón pediu ao Inspector Xefe Provincial, Manuel Torres Vizcaya, que se retirase do colexio da súa filla un cartel co lema “Fala Galego, non sexas Lelo”. O cartel estaba pendurado na entrada e publicado na la web do colexio, porque se lle concedera o premio á promoción do galego do Día das Letras. Xa que o inspector non atendía a petición do pai, este dirixiuse a Galicia Bilingüe, que presentou unha queixa perante a Valedora do Pobo. Tres meses máis tarde, tras dous requirimentos, a Valedora conseguiu que o Inspector Xefe Provincial respondese, pero cun chusco informe que deu lugar a que ela emitise un ditame contundente no que facía constar que o lema “invita ao uso do galego utilizando un adxectivo despectivo” e que “non promove o respecto ás opcións lingüísticas dos demais”. Dicía a Valedora que “O centro debe promover o respecto á liberdade dos seus alumnos a expresarse na lingua oficial da súa preferencia. O feito de invitar ao uso do galego usando un adxectivo despectivo para quen non o fai pode resultar ofensivo a algunhas persoas e dende logo non promove o respecto ás opcións lingüísticas dos demais, dentro do marco normativo”.

Pero segundo Galicia Bilingüe nin tan sequera, tralo ditame da Valedora, Manuel Torres Vizcaya, ou o Xefe Territorial de Educación, César P. Ares, puxeron interese en que o cartel fose retirado. Cinco semanas despois de terse emitido o ditame, o cartel seguía estando no recibidor do centro e na súa páxina web. O 31 de xaneiro, o notario de Nigrán levantou acta de presenza, dando fe de que o cartel seguía publicado na páxina web do centro. Así mesmo dirixiuse ao colexio co pai padre da alumna, onde o seu director recoñeceu que foran exhibindo o cartel por diversos lugares do colexio, que estivera pendurado na entrada, e que recentemente se retirara á parede, non por ter sido requiridos para elo pola Consellería de Educación, senón porque agora ocupa o seu lugar o cartel gañador dun novo concurso. Por outra banda, o director negou que o cartel seguise estando publicado naquel momento na páxina dixital do centro pero, finalmente, recoñeceu que si o estaba, unha vez que o notario comunicoulle que acababa de levantar acta dando fe de iso, e que invitou ao director a comprobalo no computador do seu despacho.

Ao día seguinte da visita do notario ao centro, publicáronse na web do colexio, unha web oficial dun centro de ensino da rede de centros da nosa comunidade autónoma, unha web que está aloxada no dominio da Xunta de Galicia, o texto e as imaxes que constan na acta presencial, e que foi levantada o dous de febreiro polo mesmo notario, requirido esta vez por Galicia Bilingüe. No texto, en ton burlón, táchase de “falsa polémica” a queixa polo contido do cartel, mófanse da Valedora, unha alta comisionada do Parlamento de Galicia, e acusásea de incumprir a normativa vixente por usar o castelán na web da institución que representa. Non se aclara si os responsables do colexio consideran contrario a dereito que a web da Valedora teña versión en ambas as dúas linguas oficiais, ou se se quere ocultar comunidade educativa do colexio, que esa web tamén ten versión en galego.

En canto ás imaxes que acompañan ao texto, entre outras volve a publicarse a dun cartel que non é senón unha recreación daquel cuestionado pola Valedora, cuxa retirada solicitouse. A Presidente de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, dirixiuse ao Conselleiro de Educación para que poña fin a este reto que los responsables deste centro público manteñen coa Valedora e co pai da alumna. A presidente da asociación pro elección de lingua preguntou ao Conselleiro se se requiriu á dirección do centro para que cese na súa actitude, ou se se lles deixou promocionar o idioma ao “estilo BNG”, como habitual. Ao longo da súa andaina, Galicia Bilingüe ten podido comprobar en multitude de ocasións de que xeito pouco apropiado abórdase a promoción do galego nos colexios, desde comparar ao español, lingua materna de tantos nenos galegos, cun eucalipto malvado que lle chupa a vida al galego, que é un carballo, ata dicindo que non merecen chamarse galegos os que teñen como lingua propia o español. Moitos pais queixáronse por iso a GB, pero é difícil atopar un que sexa quen de presentar unha queixa por escrito perante a administración como o pai desta nena. Galicia Bilingüe non vai deixar de insistir na súa denuncia polo sucedido no CPI Panxón, porque como lle transmitiu Gloria Lago ao Conselleiro “este caso é o paradigma do que está a acontecer, e o noso labor, ademais de reclamar a elección de lingua, é concienciar para acadar que as linguas se aborden no ensino con respecto e tolerancia, como nas demais democracias europeas con varias linguas, onde este tipo de actitudes serían absolutamente impensables.

FALA GALEGO, NON SEXAS LELO

Anuncios