Anuncios
Ticker de novas

Unha persoa ferida ao quedar debaixo do tractor que conducía en Gondomar

Unha persoa resultou ferida ao quedar debaixo do tractor que conducía en Gondomar. A vítima, que sufriu fracturas nas dúas pernas, quedou atrapada e foi necesario levantar o vehículo. Tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Morgadáns, concretamente no lugar de Vilas. Foi Urxencias Médicas quen alertaba do sucedido ao CAE 112 Galicia ás 16:00 horas.

Dende o 112 Galicia pasouse o aviso ós efectivos do GES de Nigrán e de Val Miñor, á Garda Civil e a Protección Civil.

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.