O Mago Luca estrea o espectáculo “Elite”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Luca Riego.

Tras máis de 8 meses de traballo, esforzo e dedicación, Luca Riego, a nova promesa da maxia do Val Miñor, estrea este venres día 26 de xullo ás 22:00 horas no Café De Catro a Catro de Vigo (R/ Gerona, 16) o seu espectáculo “Elite”, no que estará acompañado por Jorge Lorenzo e Jorge Ruiloba. As entradas, cun prezo de 5 euros, poden adquirirse na súa conta de Instagram @lucariego ou nos teléfonos 655 457 011 ou 622 454 514. Luca Riego Costas é un mozo veciño de Gondomar que con tan só 15 anos asegura sentir paixón pola maxia. Empezou a practicar fai cinco anos, servíndose de libros para perfeccionar a súa técnica. A vertente que máis lle atrae é a cartomaxia, xa que é a que máis lle permite interactuar co público e adaptar os xogos ao seu estilo.