Este sábado celebrarase a segunda xornada da liga de xadrez, na que participa o Club Laroca de Nigrán con cinco equipos. O Laroca A, na categoría de primeira división, enfrontarase na sede de Mallón ao equipo Grupo Nores & Ajedrez Marín B, que ocupa o terceiro posto da clasificación.
Na segunda división, o equipo de Laroca B enfrontarase en Mallón ao equipo EXP Concello de Pontevedra, que ocupa o oitavo posto da clasificación con só medio punto de menos co equipo laroqueiro.
Por outra banda, o segundo representante na segunda división, o Laroca C, desprazarase a Mos para xogar contra o Club Xadrez Mos A, que ocupa o primeiro posto.
Na terceira división, o Laroca Mallón xogará na casa contra o Villa de Bouzas C, que ocupa o oitavo posto da clasificación, e por último, o Laroca IES Auga da Laxe tamén desprazarase a Mos para enfrontarse ao Club Xadrez Mos D, que ocupa a sétima praza.

